Gadisa alcanza os 202 establecementos da franquicia Claudio cunha apertura en Cuntis (Pontevedra)

Conta cunha superficie de sala de vendas de 400 m2

Vigo | Gadisa continúa incorporando á liña de negocio Claudio novos puntos de venda. A novena apertura do 2021 tivo lugar en Cuntis (Pontevedra). Unha inauguración que, para a compañía 100% galega, supón alcanzar os 202 establecementos en franquicia.

O supermercado Claudio está situado na rúa Circunvalación Don Aurelio nº 80 baixo. É un punto de venda cunhas características moi singulares. Conta cunha ampla variedade de produtos e, a todas as seccións do supermercado, con especial mención á carnicería e charcutería ao corte, únense as de ferraxería, electricidade, fontanería, pinturas, xardín, papelería, menaxe, xoguetes e téxtil. Están distribuídas nunha sala de vendas de 400 m2, nas que se prioriza a comodidade aos clientes para realizar as compras.

A apertura supón a creación de 10 postos de traballo. Son profesionais que prestan un servizo de atención ao cliente personalizado e caracterizado pola proximidade. Os servizos complétanse cun aparcadoiro de grandes dimensións para uso exclusivo dos clientes e un amplo horario de atención ao público.

“A apertura supón a creación de 10 postos de traballo. Son profesionais que prestan un servizo de atención ao cliente personalizado e caracterizado pola proximidade”

O establecemento Claudio, que antes formaba parte da franquicia doutro operador, é propiedade da familia Pernas. Na inauguración participaron Daniel e Isidro Pernas, pai e fillo, respectivamente, acompañados do delegado de área de Gadisa na provincia de Pontevedra, Pablo Louro; Miguel Freire, director de vendas liña de maior, o coordinador de franquía, José Antonio Hermida, e o equipo de montaxes.

Un servizo esencial que crea emprego e fixa poboación
Esta é a segunda apertura dun punto de venda de franquicia nesta semana e a 9ª do actual exercicio. A compañía suma, en total, 202 establecementos: 121 de Claudio e 81 de Claudio Express.

Esta liña de negocio continúa a súa expansión poñendo de relevo a súa importancia ao prestar un servizo esencial como é o da alimentación en zonas rurais e semiurbanas, onde están implantados, principalmente, estes puntos de venda. A dinamización socioeconómica e a contribución das franquicias Claudio a fixar poboación nestas contornas son tamén aspectos destacables, xa que proporcionan preto de 900 empregos directos.

O profundo coñecemento do mercado, o asesoramento técnico e comercial do equipo de profesionais con longa experiencia e a capacidade e eficacia do sistema loxístico de Gadisa son algúns dos factores polas que, cada vez, máis empresarios e emprendedores optan por incorporarse á compañía.

(Tomado de Faro de Vigo)