Franquismo S.A.

Nos arquivos do diario ABC hai unha fotografía do Valle dos Caidos cunha anotación no anverso, na que se advirte da necesidade de borrar o cartel da constructora Huarte que aparece na imáxe. A sinatura é un perecto exemplo para ilustrar como as grandes empresas españolas intentan borrar, coa conivencia dos medios de comunicación e os gobernos desta democracia, os sinais da instrumentalización que fixeron do franquismo para construir o seu imperio económico. Algunhas empresas que cotizan no IBEX 35, como Gas Natural, OHL ou Iberdrola, lucráronse coa represión e o modelo Autárquico que impuxo o Dictador e, a día de hoxe, seguen sen reparar ás víctimas.

As empresas obtiveron bweneficios de distintos modos: algunhas usaron máns de obra forzada, otras aproveitáronse da represión dos seus sus competidores por pertencer ao bando republicano e outras,simplemente, lucráronse grazas á proximidade con Franco cando o Réxime levou a cabo a súa inmensa obra pública: o Valle dos Caidos. Ademáis, o franquismo propiciou as condicións laborais moi ventaxosas para as empresas, xa que non existía o sindicalismo nin se podían negociar unas condicións salariais e de traballo dignas.

O franquismo propiciou as condicións laborais moi ventaxosas para as empresas, xa que non existía o sindicalismo nin se podían negociar unas condicións salariais e de traballo dignas.

Unha mostra do funcionamente desta rede clientelar é a carta enviada a Franco o día 25 de maio de 1970 por Pedro Barrié, dono de Fuerzas Eléctricas del Noroeste (FENOSA) e do Banco Pastor, para que intercedera ante o Ministerio de Facenda porque lle estaba a poñer dificultades a súa empresa ASTANO (Astilleros y Talleres del Noroeste). Barrié laiábase diante de Franco de que non se lle permitía ao banco Pastor apoiar económicamente ao seu asteleiro e prantexaba que as únicas opcións que lle quedaban eran a intervención estatal por medio do Instituto Nacional de Industria (INI) ou os astilleiros públicos e remata deste xeito: “Espero que, como todos los años, si usted me lo permite, pueda visitarlo este verano en el Pazo de Meirás. Recordaremos nuestros muchos años de amistad y podré reiterarle mi inquebrantable lealtad y afecto”.

Segundo Javier Pueyo, profesor da Universitat Pompeu Fabra, a clase empresarial española encontrou un hábitat idóneo para poder desenvolverse sin competencia. O periodo máis intenso desta oligarquía monopolística ocorreu nos anos 50 tal e como explica o historiador no seu artigo: Las relaciones entre las empresas eléctricas y el Estado franquista, “déronse unha relación extremadamente favorables consistentes na altísima protección exterior, unha forte intervención estatal, defensa da industrialización acelerada e unha financiación inflacionista. Este tipo de organización económica dotaba de privilexios as empresas próximas ao régime franquista. Desta relación de favores xurdiu unha oligarquía coa que se forxaron grandes imperios e empresas das que beben hoxe no IBEX 35. O artista Luis Quintanilla nunha conferencia en Nova Iorque en 1938 dende o exilio, explicaba esta simbiose da seguinte maneira: “O fascismo non é nin máis nin menos que a burguesía armada contra o proletariado”.

Desta relación de favores xurdiu unha oligarquía coa que se forxaron grandes imperios e empresas das que beben hoxe no IBEX 35

Gas Natural Fenosa

A empresa que mantiña (polo menos ata fai pouco tempo) como conselleiro ao expresidente do Goberno, Felipe González, naceu no ano 2009 da fusión de Gas Natural e Unión Fenosa. Esta última empresa creouse no ano 1982, como resultado doutras dúas: FENOSA e Unión Electrica Madrileña. O dono de FENOSA Pedro Barrié ampliou a súa fortuna axudado pola proximidada ao dictador e como recompensa por ter sido un dos grandes financieiros da Guerra Civil para o bando chamado nacional.Como exemplo deste vínculo sirva a concesión do “Condado de Fenosa” ao empresario por parte do Dictador no ano 1955, en agradecemento polos servicios prestados en xeral e, en particular, pola recollida popular que Pedro Barrié fixo para agasallar a Franco co Pazo de Meirás que ainda disfrutan os Franco para disfrutar durante a canícula de verán.

Barrié, un dos empresarios do sector eléctrico máis importante de Galicia, fortaleceu o seu imperio logo do fusilamento dun deputado republicano. FENOSA naceu da unión forzosa de Fábrica de Gas e Electricidade, a pequeña empresa de Barrié e Unión Eléctrica Coruñesa; unha empresa que era propiedade da fam ilia de José Miñones, un parlamentario que foi executado no ano 1937 no Campo da Rata, a carón da Torre de Hércules, na Coruña.Cando lle preguntaron a Gas Natural-Fenosa si existe ou existiu algunha acción de reparación por estes feitos, declarou que a compañía comprou Unión Fenosa fai cinco anos e sito é unha cuestión pasad doutra empresa.

Acciona

Jose Manuel Entrecanales, actual presidente executivo de Acciona, debe o seu cargo posición á fortuna que seu avó José Entrecanales fixo durante o franquismo en compañía do seu socio Manuel Távora. A empresa Entrecanales y Távora, integrada hoxe en Acciona, foi unha das constructoras de cabeceira do Rexime, como recoñece na súa WEB corporativa “En los años de la posguerra, la compañía fue muy activa, consolidando su posición como una de las compañías más innovadoras del país”.

En 1929 construiuse unha zona residencial burguesa en Sevilla con motivo de la exposición universal dese mesmo ano. O lugar tiña graves problemas de vertidos e, en plena Guerra Civil, o concello de Sevilla encargou á Empresa entrecanales y Távora a construcción dun canal que levara os vertidos lonxe dos barrios ricos de Heliópolis e La Palmera. Para iso instalouse o campo de concentración de El Colector, onde 250 presos republicanos traaballaron na obra da constructora Entrecanales y Távora. A empresa non soltaba prenda cando se lle pregunta sobre as posibles medidas de reparación que a empresa teña tomada coas familias e persoas afectadas polos feitos.

OHL

A compañía de Villar Mir naceu da fusión doutras tres: Obrascón, Huarte y Laín. Unha delas, Huarte, foi igual que San Román (filial de Agromán), Estudios y Construcciones Molán y Banús, a empresa encargada de construir El Valle de los Caídos, usando man de obra esclava. Foi, precisamentre, unha fotografía do Valle dos Caídos co cartaz da empresa constructora Huarte,a que mostrou Joan Tardà (ERC) no Congreso en 2011 para pedir que foran as constructoras do enclave de Cuelgamuros as que pagaran as exhumacions das decenas de miles de represaliados que ainda se atopan enterrados alí. Tardà recordou na súa intervención que houbo empresas “que se capitalizaron a partir do traballo dos republicanos”.

Nicolás Sánchez Albornoz, preso no Valle dos Caídos: “Los que estábamos condenados a trabajar allí estábamos alquilados a las empresas que hacían la obra, Huarte y Banús, por 10,50 pesetas al día. A nosotros nos daban 50 céntimos a cada uno. Los patronos tenían obreros a precio de saldo y disciplinados”

No caso de Nicolás Sánchez Albornoz, preso no Valle dos Caídos: “Los que estábamos condenados a trabajar allí estábamos alquilados a las empresas que hacían la obra, Huarte y Banús, por 10,50 pesetas al día. A nosotros nos daban 50 céntimos a cada uno. Los patronos tenían obreros a precio de saldo y disciplinados”, explica o propio Sánchez en declaracions recollidas por Alejandro Torrús nun artígo en Público.A empresa de Villar Mir segue negándose a facer ningún tipo de declaración sobre este asunto, que empaña a imagen dunha das maiores constructoras de España. “No vamos a contestar ningún tipo de preguntas sobre este tema, Adiós”, foi a resposta hostil e definitiva do departamento de comunicación de OHL.

ACS

A constructora de Florentino Pérez, presidente do Real Madrid, tamén se beneficiou de man de obra forzosa a través de sua filial, agora integrada, Dragados. En 2003, un artículo de Leslie Crawdford en Financial Times chamado Franco’s Slaves fla de Dragados citando un informe gubernamental de 1952 do programa de Redención de Penas por el Trabajo no que se define como “un moi importante grupo de construcción que fixo uso de man de obra presa durante os últimos 12 anos”.

A constructora de Florentino Pérez, presidente do Real Madrid, tamén se beneficiou de man de obra forzosa a través de sua filial, agora integrada, Dragados.

Unha das obras nas que Dragados usou man de obra esclava foi na construcción do pantano de Mediano, en Huesca. Os traballos realizáronse entre os anos 1952 y 1955. Para elo , Dragados usou un destacamento de 35 penados que tralas obras fueron enviados ao cárcere de Huesca.Os datos ao respecto, que constan na Memoria general de instituciones penitenciarias de 1955, son recollidos polos historiadores Lola Martínez Macías e Fernando Moreno Moreno. Outro dos grandes accionistas de ACS é a familia March, cun 18,2% das participacions da empresa dirixida por Florentino Pérez. Juan March foi un dos maiores impulsores económicos do golpe de Estado de 1936 e financiou incluso a viaxe do avión o Dragón Rapide que levou a Franco de Canarias a Marruecos para o levantamento militar. A empresa tampouco contestou ás preguntas dos xornalistas de La Marea.

Iberdrola

A compañía actual naceu da fusión en 1992 de Hidroeléctrica Española e Iberduero. Esta última creouse a partires da fusión de Saltos del Duero e Hidroeléctrica ibérica. A gran empresa enerxética española da actualidade polo compromiso con Franco de Jose María de Oriol y Urquijo, presidente de Hidroeléctrica Española (Hidrola) dende o ano 1941 ata 1985. O empresario vasco foi alcalde de Bilbao dende 1939 ata 1941, e Xefe provincial de Falange en diferentes periodos.

Jose María de Oriol y Urquijo foi Xefe de Falange Española Tradicionalista de 1937 a 1941, e impulsou a formación da Brigada de Investigación y Vigilancia, que en palabras do propio Oriol ao diario Hierro, elaborou en 1938 informes de 80.000 personas na provincia, para ser usados na posterior represión, segundo se recolle nun libro sobre os alcaldes de Bilbao, escrito por Joseba Aguirreazkuenaga. . Na mesma obra, facendo referencia a artígos de prensa, sostense que os ministros do sector tiveran que resignarse a que Franco despachara directamente co Xefe de Hidrola as obras e infraestructuras españolas en contraprestación á axuda económica que a familia Oriol y Urquijo deu ao dictador para o golpe de Estado. La empresa eléctrica pasou de ser meramente testimonial na España dos anos 30 a convertirse na compañía número 20 en activos netos en 1948, con 580 millones de pesetas; en 1960 xa era a quinta empresa máis importante de España, cun activo neto de 11.468 millones de pesetas. Dende Iberdrola aseguraron a La Marea que non poden valorar as actuaciones personais dos dirixentes en os máis de 100 anos de historia da compañía.

Un dos exemplos da conexión económica e política da época foi a inauguración do Embalse de Aldeadávila de la Ribera, en Salamanca. O 17 de octubro de 1964 inaugurouse o pantano coa presencia de Francisco Franco, o dictador de Portugal, António de Oliveira y Salazar, e Pedro de Careaga y Baseabe, presidente de Iberduero.

A empresa vasca Saltos del Duero (Iberduero), outra das que deu lugar a Iberdrola, foi a encargada de realizar outras moitas obras na época autárquica do franquismo. Un dos exemplos da conexión económica e política da época foi a inauguración do Embalse de Aldeadávila de la Ribera, en Salamanca. O 17 de octubro de 1964 inaugurouse o pantano coa presencia de Francisco Franco, o dictador de Portugal, António de Oliveira y Salazar, e Pedro de Careaga y Baseabe, presidente de Iberduero. A fotografía do acto reflexa a cercanía entre o franquismo e o mundo empresarial, que permitiu a creación de grandes imperios económicos a base da suor e sangue de moitos represaliados. Eses beneficios da represión a día de hoxe cotizan en el IBEX 35 e as súas empresas seguen sin proporcionar a reparación que calquera democracia debería esixir.

Periodista/Documentalista. Colabora con "@LaMarea_com" e "La Sexta". Tamén ten publicado no "Le Monde Diplomatique" e "Eldiario.es"