
Lugo | Francisco Asorey (1889-1961) foi contratado para realizar no Mosteiro de Samos a escultura do Padre Feijóo (1676- 1764), dado que éste foi novicio e foi ordenado cura no dito mosteiro.
A obra foi inaugurada no 1947. Presenta a Feijoo de pé nunha cátedra, apoiando a man esquerda nun libro ao mesmo tempo que leva un facho. Símbolo da Ilustración. A talla reflicte un retrato realista, mentres que o hábito de bieito está tratado dun xeito mais esquemático.




