Forte temporal anegou camiños en Mondariz

Tralas crecidas dos ríos en Ceo e Crespos

Mondariz | O Concello de Mondariz está avaliando os danos materiais que deixou o temporal estes últimos días. As crecidas dos ríos anegaron leiras e camiños en moitos puntos, como en Crespos (Mouriscados) e no Ceo (Mondariz), onde as riadas son habituais nos meses de inverno pero desta vez foron excesivas e mesmo afectaron a vivendas.

Agora que o tempo mellorou, pedimos colaboración veciñal para encauzar os regos, así como máxima precaución para evitar accidentes. Agradecemos o intenso labor dos operarios municipais e dos voluntarios e das voluntarias de Protección Civil, que estes significativos días de fin de ano e aninovo traballaron arreo para atender as numerosas incidencias notificadas.
2