
Monforte de Lemos | O alcalde, José Tomé Roca, e o seu equipo de goberno asistieon de onte 25ª edición do Festival de Habaneras de Monforte que se celebrou na Praza de España chea de público para desfrutar da actuación das tres corais que participaron nesta nova edición que organiza o Concello de Monforte.
O cartel deste ano estivo conformado por dúas corais de contrastado prestixio, as que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte, a Agrupación Coral de Porceyo Gijón – Asturias e o Orfeón Valdeorrés.
Cada unha das corais interpretou cinco composicións de estilos variados, despois de gardar un minuto de silencio polas vítimas do terremoto de Venezuela, pechando o Festival coa interpretación conxunta de dúas composicións “Va Pensiero” da ópera Nabucco Giuseppe Verdi e O voso galo comadre (Popular galega), co que pecharon unha nova edición do Festival de Habaneras que resultou de novo un éxito de asistencia de público. O alcalde, acompañado pola concelleira de Cultura fixo entrega dunha réplica da Torre da Homenaxe ós directores das dúas corais que viñeron de fora para participar nesta 25ª edición.
Polifónica de Monforte
Fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas, o seu repertorio inclue música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…
Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. Na nosa comunidade a coral polifónica de Monforte actuou en Ribadeo, Cee, Marín, Ourense, Pontedeume, O Grove, Mondoñedo, Lugo, Vigo, Pontevedra, etc…Así como en distintas partes do Estado como en León, Zamora e en varias localidades Asturianas como Cudillero, Villaviciosa, Mieres, La Felguera, etc.. Destacan a nivel internacional actuacións en Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Cerdeña, Bolzano e Padua (Italia), Gotha (Alemania), Helsibor (Suecia), Oporto e Guimaraes (Portugal). No ano 1999 gravou un CD de polifonía variada. A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez. Na actualidade compaxina a dirección da Coral coa de director do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos.




