Festa gastronómica do Miño en Tui

O vindeiro 13 de agosto

Tui | O sábado, 13 de agosto, volverá celebrarse unha nova edición da Festa do Miño, un evento que se estenderá ao longo da xornada con múltiples actividades dende a romaría popular, e o descenso popular do Miño, á Festa Gastronómica e o concerto da Banda Xangai.

Ante a celebración da Festa Gastronómica o concello de Tui á próxima semana o prazo para que as asociacións culturais tudenses soliciten a súa participación na mesma cun posto de venda directa de comida tradicional.

As asociacións interesadas en participar deberán presentar na sede electrónica do Concello de Tui o mércores 27, xoves 28 e venres 29 o impreso normalizado de solicitude, que poden descargar en www.tui.gal, xunto coa documentación requirida. So poderán participar as 13 primeiras asociacións culturais que completen o trámite de solicitude.

A Festa Gastronómica celebrarase o sábado, 13 de agosto, de 20 a 00 h na rúa Compostela, no tramo comprendido entre as rúas Ourense e Betanzos. Todas as persoas que vendan alimentos nos postos deberán estar en posesión do Carné de Manipulador de Alimentos.

As bases completas da convocatoria, onde figura a documentación requirida, e o impreso de solicitude poden descargarse na web www.tui.gal

Festa Gastronómica 2022 – Bases
Festa Gastronómica 2022 – Solicitude participación WORD
Festa Gastronómica 2022 – Solicitude participación PDF