Festa da sementeira e música en Salvaterra

Os días 14 e 15 de maio

Salvaterra de Miño | O pasado mércores 30 de marzo a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro organizadora da festa da sementeira e música, presentou o seu programa de festa para a vindeira edición, que se levará a cabo os días 14 e 15 de maio.

Dito acto celebrouse no Pazo das Barreiras, en Salvaterra de Miño. No evento interviron varios membros da asociación, así como o Caimán do Río Tea, Tonhito de Poi e Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra.

Nel, os membros da asociación falaron dos diferentes proxectos que se levaron a cabo de maneira conxunta entre concello e asociación nos dous anos de pandemia, tamén mencionaron as actividades e concertos que se levarán a cabo durante todo o fin de semana.

Todas aquelas persoas que se acerquen ata a área recreativa Muiño da Ponte no sábado, poderán disfrutar da concentración de tractores clásicos, observar os diferentes postos de artesanía, degustar comida; que os nenos asistan a obradoiros infantís ou gozar dos concertos de os Ghuacamaios, os Bardos, Ronco&fol, De Vacas, Tonhito de Poi, o Caimán do Río Tea ou dos DJs de la Duendeneta.

Xa no domingo, todos os asistentes volverán a revivir as costumes de antaño coa labrada con bois, disfrutarán das olimpiadas agrícolas e seguirán gozando de concertos como os de Naiama, As lucernas, as Pandereteiras Tremelique, Pelepau, Festicultores Troupe ou Sons das Tabernas.

Ademáis, como novidade no acto presentaron o pregoeiro de este ano, Carlos Blanco, que ainda que por motivos laborais non puído estár na presentación si enviou un vídeo para todos os asistentes. Tamén anunciaron que os tractores clásicos sairá de Silleda o domingo anterior percorrendo varios concellos da provincia de Pontevedra ata chegar a Corzáns o venres.