Festa da Rosa renovada e mellorada en Mos

Foi presentada a súa programación para este mes de maio

Mos | Esta mañá tivo lugar na Praza do Concello a presentación da Festa da Empanada de Pan de Millo e da programación ‘As Nosas Rosas nas Asociacións no Mes de Maio’, iniciativas organizadas con motivo da vindeira Festa da Rosa 2022 (Festa de Interese Turístico de Galicia).

A pandemia trae unha Festa da Rosa renovada e mellorada. Tras a crise da COVID-19, involúcrase no programa a un dos sectores máis damnificados, o da hostalería, e continúanse a potenciar as imaxes das rosas das 10 parroquias nas redes sociais, idea que naceu destes últimos anos de restriccións por mor do coronavirus.

A presentación de hoxe incluiu degustación de diversas empanadas de pan de millo a cargo de diferentes panaderías do municipio: As Vides de Pereiras, Nova Devesa de Cela e O Cruceiro.

O acto contou coa presenza de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo, representantes da Asociación de Hostaleiros mosense, BARES MOS, representantes de varias panaderías do Concello de Mos, representantes de asociacións veciñais e culturais mosenses e demais membros do equipo do goberno local.

Festa da Empanada de Pan de Millo
Celebrarase o propio 13 de xuño, Día da Rosa e festivo local, enmarcada dentro dos actos centrais da Festa da Rosa e organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña.

A Festa da Empanada incluirá, coma sempre, o tradicional Concurso de Empanadas de Pan de Millo, con 3 premios que se entregarán tamén o 13 de xuño: Mellor presentación 150€. Mellor sabor 150€. Maior tamaño 150€.

Ademais este ano, e como novidade, durante todo o mes de xuño as panaderías de Mos eleborarán empanada de pan de millo para vender a particulares e surtir aos negocios de hostalería mosenses. E os hostaleiros mosenses, bares e restaurantes, ofrecerán na súa carta empanada de pan de millo, de elaboración propia ou das panaderías de Mos.

Mes de maio: AS NOSAS ROSAS – As Rosas nas Asociacións
Desde o 13 de maio ao 13 de xuño 14 asociacións culturais e veciñais acollerán os cursos de: Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea. Todos/as os/as alumnos/as participarán destes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación.

Coas fotografías desas rosas encheranse as redes sociais municipais potenciando o símbolo do escudo do Concello. Deste xeito fomentarase unha rivalidade e competitividade sá entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio día 13 de xuño, xa que nesta edición do Concurso de Rosas incluirase a novidade do premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación.

As 14 asociacións participantes nesta iniciativa son:

A.VV.Dornelas

A. San Martín de Tameiga

A.VV. Santa ANA de Veigadaña

A.VV. Nosa Terra de Pereiras

A.C.R Herville

A.VV. Celado

C.C  Abrente

C.R.C. Torroso

A.VV. Santa Baia

A.VV. Ledicia

A.VV. Chan do Bosque

A.VV. Guizán

A. As Pedriñas

AVV. A cividade de Louredo