Feijóo e o alcalde de A Gudiña falaron dos principais proxectos para o municipio

Como o Plan de Albergues 2019-2021, abastecemento enerxético e outras infraestruturas

A Gudiña | En canto aos asuntos relacionados co concello da Gudiña, a Xunta está a traballar no acondicionamento do inmoble coñecido como “Casa da Viúva”, ao abeiro do Plan de Albergues 2019-2021, o que permitirá habilitar unha nova instalación de 44 prazas.

Prevese que os traballos rematen no vindeiro mes de xullo, polo que a infraestrutura xa estaría preparada para o Xacobeo 21-22 que está en marcha.

Tamén abordaron asuntos relacionados co abastecemento. Actualmente, xa está en redacción un proxecto de abastecemento e saneamento do concello, ademais de que se están a analizar as solicitudes que realizou o concello ao abeiro da orde de axudas da Xunta para pequenas actuacións.

Por último, Feijóo e José María Lago falaron da posibilidade de poñer en funcionamento na Gudiña unha aldea xeradora, que sexa capaz de producir a enerxía suficiente para autoabastecerse. Asimesmo, abordaron as melloras necesarias na estrada OU-533.