Exposición do Cambio Climático no Auditorio de Salceda


Salceda de Caselas | O Hall do Auditorio do Concello de Salceda, acolle unha nova exposición, que leva por título “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción: O cambio climático”.
A Asociación Ecoloxista Treze Catorze é a encargada de organizar e montar a exposición itinerante facilitada polo organismo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), sendo o Concello de Salceda o colaborador da exposición.
Poderase visitar por toda persoa interesada dende o 16 de outubro ata o 15 de novembro, no horario de 9:00 a 14:00 con entrada gratuíta polo Auditorio ou pola porta do Concello.
Na exposición se poderá contar coa proxección dun video, que será divulgado no lugar da exposición.