EXPOSALCEDA inicia a campaña de primavera

O Concello de Salceda de Caselas acolle nos días 3 e 4 de Marzo o mercadillo de EXPOSALCEDA, organizado pola Asociación de Comerciantes e Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda de Caselas (ACISA), contando coa colaboración do Concello de Salceda e a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra .
Este mercadillo pretende acoller na fin de semana unha serie de stands sitos no Pavillón polideportivo de Salceda onde se exporán diferentes productos como: roupa, complementos, calzado, deportes, mobles, decoración, librería, etc., que contarán coas mellores ofertas.
O obxectivo que se persegue con este evento é iniciar a campaña de primavera do comercio local de Salceda, onde tamén se contará con diferentes actividades para os máis pequenos con actuacións musicais e exposicións.
Os clientes que acudan a EXPOSALCEDA, participarán ademáis no sorteo de 600,00 € en cheques regalos para gastar nos comercios socios de ACISA, e o Domingo día 4 celebrase o sorteo de San Valentín que consta dunha fin de semana nunha casa de turismo rural ou nun SPA, sorteo no que os clientes do comercio de Salceda poden partipar mercando en Salceda ate o día 2 de Marzo. A directiva de ACISA agradecelle a todos os comercios que partipan nesta EXPOSALCEDA  a súa presencia,.
Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio asegura que “ é moi importante o traballo e apoio que o Concello poda desempeñar co desenvolvemento do comercio local, apoiando todo tipo de iniciativas que poidan favorecer a este colectivo, e traballando en conxunto para mellorar a súa situación financieira”.