• Segue conectado
  • |

Éxito e ilusión de novo en setembro

Salceda de Caselas | Despois dos resultados obtidos na convocatoria do mes de maio, con case un 48% de aprobados, tomouse a decisión de continuar cas clases de apoio para as probas do graduado en ESO de setembro.
A Concelleira de Emprego e Formación, mantivo unha charla informativa cos alumnos que xa participaran no curso de preparación da ESO que se levou a cabo no CDL de O Torrón de decembro a maio. Na mesma, acordouse reanudar as clases durante os meses de xullo e agosto para poder dar apoio a aqueles alumnos que non consegueron aprobar os tres ámbitos e que desexan volver a intentalo na convocatoria de setembro.
Neste caso, o grupo será máis reducido, será un apoio extra para aqueles alumnos que xa acudiron as clases na pasada convocatoria e que non obtiveron o título, xa que, ademáis de aqueles que o conseguiron hai un grande número de alumnos que aprobaron dous dos tres ámbitos, co cal un pequeniño apoio no verán fará que elevemos o número de graduados.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e concelleira de emprego e formación: “dende a concellería estamos moi contentos dos resultados obtidos, xa que a porcentaxe de aprobados demostra o interese que os alumnos puxeron nestas clases, o esforzo que fixeron para conseguir unha titulación moi importante e necesaria para acceder ao mercado laboral. Con estes dous meses engadidos fan un total de 8 meses de clases, un grande esforzo pero que merece a pena vendo os resultados”
Foto: grupo de alumnos que asistiron a charla informativa, xunto co profesor (Manuel Domínguez) e a Concelleira de Emprego e Formación (Marina Cabaleiro)

Publicado o 26 Xuñ 2013 en Educación, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies