Éxito da primeira edición de Educalimpando en Tui

Máis de 650 persoas recolleron preto de 4.000 toneladas de lixo

Tui | Éxito da primeira edición de Educalimpando, a recollida simultánea de lixo organizada polo Concello de Tui coa participación de sete centros escolares, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

O obxectivo desta actividade, que nace con vocación de continuidade celebrándose anualmente, é concienciar sobre a importancia de non deixar lixo por onde pasamos para respectar o medio ambiente.

Preto de 650 persoas entre alumnado e profesorado dos CEIP’s nº2, Caldelas, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, o Colexio Maristas, e o IES Indalecio Pérez Tizón levaron a cabo o pasado día 10 esta recollida simultánea de lixo nos propios centros educativos pero tamén na súa contorna recollendo en total preto de 4.000 mil quilos de lixo.

O CEIP nº2 e o IES Indalecio Pérez levaron a cabo esta actuación na Alameda e na Igrexa de San Domingos, na Mariña e no bosque de ribeira das inmediacións.

Dende o Colexio Maristas levaron a cabo a limpeza da zona do Anxo en Pazos de Reis. Tamén nesta zona do Anxo, pero amais no Seixal, Herdeiros, Ricamonde, Barrocas, e a Macaco, estiveron recollendo lixo o alumnado e profesorado do CEIP de Pazos de Reis.

Por outra parte o alumnado de profesorado do CEIP de Rebordáns recolleu o lixo no propio centro, no parque infantil situado fronte ao colexio así coma nos camiños e estradas da contorna.

Tamén dende o CEIP de Randufe participaron en Educalimpando actuando no propio centro educativo pero tamén nas inmediacións do centro. O mesmo fixeron dende o CEIP de Caldelas que se achegaron tamén aos montes comunais próximos aos recinto escolar.

O lixo recollido foi separado nas distintas fraccións co que o reconto final foi de 30 bolsas de 100 litros de fracción resto, 31 bolsas de 50 litros de envases, e 4 bolsas de papel e cartón, en total encheuse a caixa dun camión pequeno.