Eurocidade Tui-Valença contará con novo equipamento para organización de actividades

Cofinanciado nun 75% polo Programa Operativo INTERREG V-A 2014-2020,

Tui | Os eventos culturais e deportivos organizados dentro do calendario de actividades da Eurocidade Tui-Valença, contarán desde este ano cun novo equipamento que mellorará a imaxe e a operatividade nestas actividades.

Trátase de catro carpas de 3×3 metros, unha carpa inchable de 9×4 metros, unha carpa inchable de 4×4 metros, dous arcos de saída/meta de 5×3,5 metros e outro de 7×4 metros, así como 12 bandeiras publicitarias. Este material, adquirido polo Concello de Tui, foi cofinanciado nun 75% polo Programa Operativo INTERREG V-A 2014-2020, no marco do proxecto Eurocidade Valença-Tui Unicidade.

As concellerías de Cultura e Deporte do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença levan traballando dende finais do ano pasado na programación da axenda Eurocidade 2021, nun ano no que a meirande parte dos eventos deportivos previsto concentraranse no segundo semestre, agardando que as condicións sanitarias permitan a súa realización.