Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza roteiros transfronteirizos

Entre agosto e outubro para dar a coñecer o patrimonio miñoto

Tomiño | A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza este verán os Roteiros do Miño; unha serie de percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental ou natural.

Así, leváronse a cabo a Ruta das Pesqueiras e a Ruta da Cabana do Ladrón, quedando pendentes para próximas datas: Ruta dos Fortes da Guerra de Restauración (29 de agosto. 9.30h. PT); Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo (4 de setembro. 23.30h. PT); Ruta do Vale das Donas (12 de setembro. 9h. PT); Ruta da Pedra Furada (26 de setembro. 9.30h GAL); Ruta do Alto da Pena (10 de outubro. 9h. PT); Ruta das Fontes (23 de outubro. 9.30h. GAL)

As actividades son para todos os públicos e de balde, pero é preciso reservar praza previamente chamando ao Concello de Tomiño (986 622 001/3) ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal