Este decisivo 2022.

A política estatal abre folgos neste 2022 cun horizonte electoral a mediano e longo prazo: municipais en 2023 e autonómicas en Galicia e xerais previstas para 2023. Estas citas electorais poden definir as claves da política estatal para este novo ano que abre con perspectivas políticas enfocadas nese horizonte: reforma laboral e Orzamentos do Estado aprobados, e a chegada da primeira tanda de fondos europeos Next Generation.

Pero este 2022 tamén trae citas electorais en Castela e León e Andalucía. O momento vese, así, politicamente decisivo. Xa o vimos en decembro pasado. Pedro Sánchez xa anunciou que pretende agotar a súa lexislatura ata 2023.

Analiza o presidente de goberno que a recente aprobación dos Orzamentos do Estado é unha especie de “carta de navegación” que lle permite manter en pe os delicados equilibrios dos seus apoios parlamentarios (vascos e cataláns) pero tamén a “bendición” de Bruxelas, vía fondos Next Generation. A sexta vaga da pandemia é outro cantar, toda vez a vacinación masiva avanza con resultados tanxibles pero o sistema sanitario estatal vese esgotado tras dous anos de pandemia.

Pola súa banda, a vicepresidenta Yolanda Díaz “cabalga soa” vía reforma laboral con claras expectativas políticas de conformación dunha alternativa “de esquerdas” que está por ver a súa consistencia política e electoral. Pero Yolanda xa obtivo o seu primeiro “triunfo internacional”, coa aparente “bendición papal”, vía audiencia vaticana do Sumo Pontífice Francisco.

E aquí veñen as interrogantes: Teremos en Yolanda Díaz un novo rostro político de esquerdas en Europa e Iberoamérica nun 2022 tamén electoralmente estratéxico en Europa e América Latina? Non hai que esquecer o importante calendario electoral que temos para este ano: o vindeiro 30 de xaneiro, eleccións xerais en Portugal. E en maio, nada menos que eleccións presidenciais en Francia, con Macron buscando a reelección.

“Teremos en Yolanda Díaz un novo rostro político de esquerdas en Europa e Iberoamérica nun 2022 tamén electoralmente estratéxico en Europa e América Latina?”

En América Latina, Colombia (maio) e Brasil (outubro) elixirán novos presidentes, con Chile entrando nunha nova fase coa volta dunha “nova esquerda progresista” en mans do recen electo presidente Gabriel Boric. E temos tamén un recen estreado (e histórico) tripartito de esquerdas en Berlín, cos socialdemócratas, os verdes e os liberais trazando a “era post-Merkel”. Por tanto, como encaixan Pedro Sánchez e Yolanda Díaz neste contexto político e electoral que se abre para 2022 e que denotan claves igualmente de calado xeopolítico para España, tanto en Europa como en Iberoamérica?

Seguimos coas expectativas en clave política e electoral: Yolanda Díaz aglutinará unha nova esquerda que finalmente termine mergullando ao “mundo PODEMOS” e “post-PODEMOS”? Que farán Pablo Iglesias, Monedero, Errejón, Belarra and company? Aguantará a coalición PSOE-UP na Moncloa cunha Yolanda Díaz que non esconde as súas aspiracións políticas?

Por outra banda, tamén está a oposición. Medrará VOX nas preferencias de voto, tal e como anuncian algunhas enquisas, mediatizadas por intereses políticos? E quen gañará o pulso Casado-Ayuso dentro do PP, cando moitos intereses políticos e mediáticos están igualmente concentrados en aupar a Ayuso, outra que tamén “voa soa”, como Yolanda Díaz? Teremos tema electoral Yolanda-Ayuso para 2023? E tamén se asoma no plano político a “España Vaciada”, un actor político e electoral a ter en conta.

“Estamos tamén a piques de observar un novo tempo político?”

Todo isto planea para este 2022 que nace con expectativas políticas e inquietudes socioeconómicas. Con vagas e novas cepas do virus, é tamén perceptible que entramos na etapa “post-pandemia”. Pero, estamos tamén a piques de observar un novo tempo político?

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.