Esgos non esquece aos seus emigrantes en Europa e América

Desde 1996 celebra unha festa homenaxe aos veciños que están fora

Ourense | O Concello de Esgos celebrou a XXX Festa do Emigrante, unha festa que reuníu a veciños e visitantes nunha xornada de convivencia xunto á Casa do Concello. Luís Menor, presidente da Deputación, acompañado polo alcalde de Esgos, José Antonio Blanco, compartíu esta tradicional cita coa veciñanza e destacou a importancia de manter vivas celebracións que serven para reforzar os vínculos entre as persoas que permaneceron no territorio e aquelas que tiveron que buscar o seu futuro lonxe da súa terra.

A Festa do Emigrante naceu en 1996 por iniciativa do alcalde de Esgos naquela data Manuel Ángel Rodríguez co obxectivo de crear un espazo de encontro coas persoas emigradas que regresaban ao municipio durante as súas vacacións. Ao longo das décadas, numerosos veciños de Esgos emigraron a lugares como País Vasco e Cataluña, dentro de España, e a países como México, Francia, Suíza, Alemaña e Venezuela. Luís Menor puxo en valor o carácter simbólico desta celebración, que 30 edicións despois continúa sendo un punto de reencontro coa terra e coas raíces, así como unha homenaxe ás xeracións de ourensáns que emigraron sen perder nunca o vínculo cos seus lugares de orixe.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.