Entregados en Sober os premios da cata de viños de Amandi

Triunfaron as adegas Don Bernardino, Rectoral de Amandi, Cruceiro e Regina Viarum

Sober | A segunda e última xornada da XLI Feira do Viño de Amandi acolleu a cata final dos viños expostos entre os que resultaron premiados: na categoría de viños xoves da añada de 2020: Don Bernardino, Rectoral de Amandi e Cruceiro. Adega gañadora na categoría de brancos da añada de 2020: Regina Viarum. Outras añadas: Garoubas, da adega A Carqueixa.

A entrega de premios correu a cargo do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián; o conselleiro de Medio Rural, José González; o director da AGACAL, José Luís Cabarcos; a xefa territorial de Medio Rural, Olga Iglesias; o deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; e o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo. Tamén se fixo entrega dun agasallo ao Concello de Chantada, convidado de honra nesta edición, e do primeiro premio do concurso de deseño de carteis a Eduardo Pérez Bahamonde.

O Concello de Sober agradece o bo comportamento dos asistentes e a activa participación dos adegueiros ano tras ano e pese ás extraordinarias condicións desta edición.

Luís Fernández Guitián, alcalde de Sober, cre que “a feira se consolida como un escaparate do viño de Amandi” e explica que “se fai en sinal de homenaxe aos seus produtores. Un día de festa para viticultores e adegueiros, un día para compartir”, destaca.

Outros artigos