Entrega de diplomas do curso de restauración de mobles e tapicería

Ponteareas | O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, entregou xunto á deputada provincial Olga M. García Ballesteros, os diplomas do curso de restauración de mobles e tapicería ofertado pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Depo en Marcha. Quince mulleres participaron neste curso desenvolto na casa cultural Antorcha, en Cristiñade. As participantes puideron aprender a realizar coas súas propias mans deseños, reparacións e restauracións de diferentes elementos de decoración e pezas para darlle unha segunda vida.