En memoria dos canteiros represaliados en 1936 en Salceda

Ofrenda floral ao carón do Muíño do Marcial

Salceda de Caselas | Nun acto de lembranza ás persoas asasinadas e represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura franquista, noventa anos despois, ao carón do Muíño do Marcial, o Concello de Salceda realizou unha ofrenda floral adicada aos catro canteiros “paseados” e asasinados o 21 de novembro de 1936: Ángel Cabaleiro, Benito Antonio Cabaleiro, Gabriel Besteiro e Manuel Domínguez.

Estiveron presentes o grupo de goberno encabezado pola Alcaldesa Loli Castiñeira, o Tenente de Alcalde Xurxo Gregorio e os concelleiro/as Selene González e Alex Rodríguez.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.