En marcha a XI edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz

A celebrarse entre maio e outubro de 2021

Allariz (Ourense) | O Festival Internacional de Xardíns de Allariz celebra neste 2021 a súa XI edición. Abríronse as portas dos Xardíns da Poesía que, ata finais do mes de outubro, ofertará unha variada exposición de xardíns efémeros.

Á poesía é a temática desta edición do Festival, o cal está localizado nun recinto axardinado as beiras do Río Arnoia de case 40.000 m2 .

Logo da paréntese do 2020, o Festival lucirá unha fermosa mostra de parcelas ideadas por paisaxistas chegados dende Galicia, o resto da península e diferentes puntos do mundo coma Arxentina, China Italia , Colombia, Portugal ou Alemaña.

“Nesta ocasión terán gran protagonismo figuras das letras coma Rosalía, Pessoa, Federico García Lorca, Machado e Emily Dickinson entre outros. Tamén estará presente Xela Arias, a homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2021”

Nesta ocasión terán gran protagonismo figuras das letras coma Rosalía, Pessoa, Federico García Lorca, Machado e Emily Dickinson entre outros. Tamén estará presente Xela Arias, a homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2021, no xardín dos centros educativos de Allariz.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz é un gran proxecto multidisciplinar que tenta achegar á cidadanía o gusto pola natureza e a paisaxe a vez que tenta concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da súa importancia nos nosos días. Un espazo ao aire libre onde ano tras ano podemos atopar 10 parcelas en concurso e desfrutar da parcela dos centros educativos de Allariz e o xardín gañador da última edición (adicada ao cine) “Sé o heroe da túa propia película” que nesta ocasión coincide co fallo da Asociación Española de Xardinería que destaca ao gañador polas súas características conceptuais, botánicas e de sostenibilidade.

Ademais neste 2021 dende o concello pretendese que todo Allariz respire poesía, pondo en marcha varias iniciativas. Por un lado un concurso de escaparates no comecio local no que a poesía e a xardinería son os temas principais a integrar. Por outra banda a semana que ven, comezará unha acción promocional ca hostalería, por medio de azucariños ca imaxe do festival e cun poema do poeta allaricense Carlos Da Aira, que se servirá en todos os establecementos da vila.

Do mesmo xeito , estase a valorar unha serie de actividades no recinto do Festival, coma un lugar máis para a celebración de actividades culturais ata o seu peche en outubro, tanto as relacionadas coa poesía coma con outras disciplinas coma a música ou a danza.

Coma novidade este ano ,os visitantes poderán elixir o seu xardín favorito a través dun sistema de votacións de códigos QR que se lle facilitará ca entrada do recinto. As persoas que se acheguen a Allariz poderán visitar o recinto de luns a venres das 17:00 ás 21:00h e sábados, domingos e festivos de 11:30 a 14:00h e de 17:00h a 21:00h. Este horario manterase ata o 14 de xuño, pasando a ampliarse o horario a partir dese día, de luns a domingo mañá e tarde.