En Busca do Callo Perdido II

80 participantes percorren as rúas de Salceda en busca do tesouro

Salceda de Caselas | Esta iniciativa promovida dende a Concellería de Deportes, responsabilidade da Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, mantivo en suspense a tódolos veciños e veciñas do centro da vila o mirar correr os grupos participantes polo centro da vila durante toda a tarde.
Esta idea, que se celebra por segundo ano, xurdiu o querer engadir á tradicional Festa dos Callos algunha actividade deportiva na que tivese cabida xente de todas as idades, grupos de amigos ou familias.
Os case 80 participantes repartidos en 16 grupos, precorreron todo o casco urbán en busca dun tesouro que finalmente se atopaba na Praza do Concello. Nesta ocasión a concellería tivo a colaboración de varios dos comercios de Salceda, ademáis de contar con voluntarios na organización e entrega de pistas. Os participantes tiveron que visitar varios espazos municipais como a Piscina, o campo de fútbol do Caselas, F.C, a Escola de Música ou o Parque Raíña Aragonta; ademáis de locais comerciais colaboradores: Anaconda, Ferretería Lorenzo, A de Copi, Conchi Pérez Peluquería e Estética, Enjoy Coffe, Pizzería Cerkanías, Desmodus, Xiandela, Comercial Caselas, Carnicería Cándida, AA.VV. Caselas e incluso o posto do Clube de Balonmán Caselas instalado na Praza con ocasión da Festa dos Callos.
Despois da intensa tarde, resolvendo pistas e probas como cantar, tocar, bailar ou adiviñar, tódolos grupos degustaron os callos no Serán que se celebrou na Praza do Concello. Ademáis, os gañadores poideron desfrutar das invitacións e agasallos ofrecidos gratuitamente polas casas colaboradoras.
Os primeiros en chegar con todas as pistas resoltas foi o grupo “Os de Sempre” e tardaron 1 hora e 32 minutos, conseguindo así o primeiro premio que consistía ademáis de na degustación dos callos, unha cea na Tapería A Calustra e unha sesión de burbullas no Balneario Caldelas.
O remate tivo lugar un sorteo entre todos os que participaron, con agasallos ofrecidos por Reloxería Otero, Autos Fibal e Folla de Acanto Cantería e Escultura.
Especial mención merecen as familias que participaron con nenos e nenas, xa que pola curta idade non podían ir ao ritmo dos grupos compostos por maiores.
Marina Cabaleiro, quere agradecer ás casas colaboradoras e voluntarios que apoiaron esta segunda edición, sen os cales non poderíamos levar a cabo estas iniciativas. “Os participantes fixéronnos pasar unha tarde moi divertida, dándolle ese toque de humor a un xogo tan tradicional como a busca do tesouro”.