Empresarias lucenses no X aniversario de Executivas de Galicia

O evento contou coa participación da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez

Lugo | A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistiu, en Santiago, ao 10º aniversario da asociación Executivas de Galicia, unha entidade integrada por 250 socias.

O acto, que reuniu a profesionais galegas de referencia en diferentes sectores, pretende poñer en valor o papel da muller no ámbito empresarial.

“Unha carreira de fondo á que cómpre visibilizar para recoñecer a actividade de tantas e tantas mulleres que ademais de desenvolver unha traxectoria de gran éxito profesional contribúen co seu esforzo a acadar unha equidade real para lograr a supresión dos teitos de cristal en todos os eidos, especialmente no económico onde, grazas a ese labor silencioso, o empoderamento feminino goza de voz propia”, subliñou a alcaldesa.

Lara Méndez felicitou á presidenta da Asociación, Carla Reyes, “por toda unha década tecendo redes de apoio feminino co fin de loitar pola igualdade”. Destacou tamén a presenza de moitas empresarias lucenses “o que, unha vez máis, demostra que en Lugo hai moito talento, que as lucenses, como a nosa marca indica, somos Mulleres con Forza, valentes e emprendedoras e hoxe así se traslada públicamente a toda a sociedade galega”.