
O Carballiño | O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na 64ª edición da Festa do Pulpo do Carballiño, onde puxo de relevo o potencial desta cita na xeración de riqueza ligada ao territorio e o saber facer das polbeiras e os polbeiros que contribúen a difundir e preservar esta tradición.
Tamén salientou que citas coma esta, declarada de Interese Turístico Internacional, son motivo de unión coa comunidade galega do exterior, que volve cada verán a gozar da súa terra de orixe e que se homenaxeou por primeira vez este ano no marco desta festividade co Día da Emigración. Ademais, esta edición a Festa do Pulpo do Carballiño está dedicada á illa canaria de Lanzarote polos lazos históricos que unen aos dous territorios. Nesta liña, o conselleiro sinalou que a presenza de familias galegas nesta illa e no resto das Canarias reforza eses lazos.




