• Segue conectado
  • |

E outro ano máis a peor.

Estamos iniciando a nosa andaina por un novo ano. Un novo ano que din os “listos de sempre” que vai ser, cecais, aínda máis duro que o ano que rematou. Pois sí, ; as esperanzas que nos dan non son moi alentadores, non cren?
Segundo parece aló polos anos 2006 – 2007 produciuse nos EE. UU. Algo así como unha catástrofe económica, porque uns señores dedicaranse a enganar a países e as bancos con millonadas de euros e negocios que tiñan os pes de barro. Total, a famosa burbulla pinchou e o ar que tiña dentro estaba empezoñado de avaricia, de tal xeito que o mundo enteiro, practicamente quedou anestesiado, contaminado, afectado. Din os listos que agora ou apretamos o cinturón para que eles poidan volver a facer manobras deste tipo e seguir engordando ou isto vaise ao garete.
Xa se ten escrito e falado de abondo destes temas. Nós non somos expertos para ofrecerlles nada novo. O que si podemos é informar de datos aos que tivemos acceso sobre a situación mundial arredor de todos estes asuntos. Porque, señoras e señores, o mundo hoxe é como un pañuelo. Non ten fronteiras. En poucas horas estamos de Bos Aires a Xapón, logo todo o que pasa aféctanos dunha maneira total e absoluta.
Imos ofrecerlles algúns datos para que vdes. con tranquilidade, se lles resulta fácil estar tranquilos, se decaten dalgunhas cousas que ocorren no mundo e que ninguén fai o menor movemento para que non ocorran.
Vexamos. Na India 100 persoas posúen o 25% da riqueza do pais. Pensen que a India é un dos paises chamados emerxentes; ou sexa, que teñen un crecemento económico alto. Sen embargo a poboación que vive con menos de 50 céntimos ao día chega ao 75%. Nos últimos anos suicidáronse 25.000 persoas. Todos oimos falar do Acordo de Kyoto, para rebaixar as emisións de dióxido de carbono á atmosfera; pois entre 2000 e 2008 aumentaron un 29%. A nosa saúde non lle importa a ninguén. O pais no que din todo o mundo atopa traballo e se pode facer rico,: EE UU, ten o 50% da súa poboación sen ingresos suficientes para cubrir as súas necesidades básicas..
Vamos coas famosas axencias de cualificación: a Moody¨s aumentou no 4º trimestre de 2010 un 35% as súas ganancias. A Stándar and Poor´s aumentou nun 12%. O custe medio para unha empresa para ser cualificada é de 600.000 euros. Entre as tres principais axencias, as dúas anterior máis Fitch, copan o 80% das cualificacións de todo o mercado. Son todas anglosaxonas.
Estas son as que cualifican aos paises de solventes ou insolventes. Rebáixanlle unha cualificación especial de AAA que segundo teñen máis ou menos son máis ou menos de fiar. Non importa se é verdade ou é un negocio para os seus especiais clientes; non importa. Elas sentencian e non hai posible recurso. Logo os seus amigos fan o negocio mercando débeda a uns intereses de película; senón o pais pode ir a quebra. Así funciona o mundo.
Din que o 2012 e o 2013 aínda van a ser peores. Que poderá pasar? Que Deus nos colla confesados.!!.


Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»
Publicado o 15 Xan 2012.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies