Día das Letras Galegas en Salvaterra

Destacando o estreo teatral da obra "O Achado do Castro"

Salvaterra de Miño | O próximo 15 de maio o Coro Cantemos de Salvaterra de Miño organiza, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, o seu concerto das Letras Galegas xunto a Coral Polifónica Santa María de Salceda, no salón de actos da Casa de Cultura de Salvaterra.

O 18 de maio a Biblioteca Municipal organiza un gran xogo sobre as letras, no Recinto Amurallado.

E para rematar o vindeiro sábado 21 de maio ás 19.00h no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra, a agrupación de teatro afeccionado DRAMIÑO, estrea a súa primeira obra “O Achado do Castro” do escritor galego Manuel Núñez Singala.

Trátase dunha representación cómica apta para tódolos públicos e que nos trasportará no tempo e no espazo a antiga Roma.