Deteñen ao propietario do xornal La Región por agredir o alcalde de Ourense

Trátase de Óscar Outeiriño. O feito ocorreu nas proximidades do Auditorio Municipal

Ourense | A Policía Local de Ourense detivo esta tarde un home, Óscar Outeiriño, propietario de La Región, como presunto autor dun delito de atentado contra a autoridade, na persoa do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

Os feitos foron denunciados polo propio rexedor, quen explica que, cando se atopaba nas proximidades do Auditorio para o concerto desta tarde de Robert Plant, “achegouse de golpe diante de todos, propinoume un puñazo e díxomo: ti sabes polo que é, fillo de puta”, explica. Axentes da Policía Local detiveron o home e trasladárono a comisaría.