Destrozos en A Guarda provocados polo tornado


A Guarda | O tornado que o sábado pola mañá azotou a costa guardesa provocou un importante destrozo na Senda Litoral, á altura do Seixal. Arrancou arredor de 30 metros da mesma (é de madeira nesta zona) e danou algúns metros máis. Algúnhas travesas de madeira apareceron a máis de 50 metros de distancia.
Esta mañá, o Alcalde púxose en contacto co Servizo Provincial de Costas, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, para comunicarlle estes feitos e solicitarlle a reposición da pasarela de madeira. Un responsable do Servizo Provincial aseguroulle que vai ser reparada coa maior urxencia posible.
En tanto non se repare, só resta solicitarlle ás moitísimas persoas que a diario a percorren que, nesta zona do Seixal, extremen as precaucións a fin de evitar calquera posible accidente.

Outros artigos