Monforte de Lemos | Ante o aviso que varias persoas, usuarias do parque infantil Dr. López Suárez, trasladaron esta mañá ó Concello sobre a existencia dunha praga de pulgas no citado recinto, a concellería de Medio Ambiente do Concello de Monforte, despois de constatar a veracidade dos feitos, púxose en contacto coa empresa de desinfección e desratización que realiza estes labores no municipio (Sanambi).
A devandita empresa procederá mañá xoves, ás oito da mañá, a realizar a desinfección do parque infantil Dr. López Suárez.
Como consecuencia desta desinfección o parque infantil permanecerá pechado durante 24 horas, motivo polo que se piden desculpas ós/ás usuarios/as da citada instalación.