Designado novo Xefe de Gabinete en Salceda de Caselas

Comunicado pola alcaldesa Verónica Tourón

Salceda de Caselas | Mediante comunicado enviado aos medios de comunicación, a alcaldesa Verónica Tourón informou este 24 de xaneiro da designación de Francisco Javier Osorno Camiña no cargo da Xefatura de Gabinete da Alcaldía, levando a cabo a responsabilidade de Prensa e Comunicación do Concello de Salceda de Caselas.

Francisco Javier Osorno Camiña é militante do PSdeG/PSOE e foi tamén suplente do candidato socialista ao Senado nas pasadas eleccións xerais de 2019. A alcaldesa amosou a súa plena confianza nesta designación que dará continuidade ó labor de comunicación do Concello.