Deputación da Coruña destina 117.329 € para 39 entidades labregas, agrarias e forestais

Para financiar novo equipamento, infraestruturas e mellorar a comercialización

Deputación da Coruña | A Deputación da Coruña dá apoio a entidades asociativas labregas, agrarias, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia cunha liña de axudas de 117.329 euros. Este programa permitirá financiar novo equipamento, acondicionar infraestruturas e impulsar programas que melloren a comercialización de produtos propios.

Un total de 39 entidades serán beneficiarias dunhas axudas que oscilan entre un mínimo de 2.337 e un máximo de 4.000 euros, a través das que a Deputación da Coruña busca impulsar os proxectos de valorización e comercialización de produtos, previr incendios e mellorar equipamentos.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe a concesión provisional e provisional condicionada destas contías, que se destinarán á adquisición de nova maquinaria e equipos informáticos, á renovación de programas de xestión de custos e fincas, á melloradas instalacións, ao arranxo de pistas forestais, peche de parcelas, colocación de drenaxes ou a programas de valorización da comercialización da produción propia en proximidade.

O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, sinalou que estas subvencións permitirán “apoiar a un sector de grande importancia social e económica na provincia e en toda Galicia”.

Outros artigos