
Salceda de Caselas | Mar de Lumes e o BNG organizaron este 1º de outubro no Centro Social A Devesa de Salceda unha palestra, que baixo o título: “De Ormuz a Palestina; os tentáculos do imperialismo Ianki Sionista.”, desenvolverá Fayed Badawi, ex-portavoz da Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP)
Nos últimos meses a presenza de Palestina nos medios de comunicación diminuíu drasticamente, o que supón un evidente apagamento informativo sobre o que ocorre no territorio; especialmente co peche aos medios internacionais, co se propaga a desinformación e a deshumanización.
Pretendemos manter a atención pública sobre unha crise prolongada, como é a situación en Palestina; xa que, tal como sinalan diversas organizacións de dereitos humanos, analistas de medios e movementos sociais, é un desafío complexo manter a atención da opinión pública e sensibilizar á poboación para evitar que os conflitos de longa duración perdan espazo nos medios informativos.
Respecto dos medios locais, tanto en Gaza como en Cisxordania, varios periodistas palestinos foron detidos; téndose rexistrado e recibido informes de malos tratos, posiblemente equivalentes a tortura, dos periodistas arrestados. De aí a importancia de traer á actualidade a situación en Palestina e a demanda de compromiso coa defensa de principios universais, como son o respecto aos dereitos humanos e a denuncia do xenocidio que padece a poboación palestina.




