David Regades abre unha nova etapa no PSdeG-PSOE de Pontevedra

Asume o seu segundo mandato tras o 4º Congreso dos socialistas pontevedreses

Vigo/PSdeG | O PSdeG-PSOE abre unha nova etapa na provincia de Pontevedra tras un 4º Congreso marcado pola unidade de toda a militancia en torno ao proxecto liderado por David Regades.

O secretario xeral asume o seu segundo mandato ao fronte da organización socialista de Pontevedra cunha Executiva integradora, renovada e ampliada co obxectivo de empoderar á militancia para consolidar as maiorías absolutas municipais, gañar novas Alcaldías, recuperar a de O Porriño e afrontar novos retos como a maioría absoluta na Deputación de Pontevedra e recuperar o goberno da Xunta para o PSdeG-PSOE “en beneficio da xente”.

Ese é o obxectivo marcado por David Regades neste congreso celebrado no auditorio Mar de Vigo e ao que asistiron un total de 500 persoas entre delegados/as e invitados/as, entre os que estaban o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero; a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e Valentín González Formoso (secretario xeral do PSdeG), así como os secretarios xerais das catro provincias galegas, o delegado do Goberno en Galicia e a alcaldesa de Lugo. David Regades marcou o calendario de traballo dos socialistas da provincia coas eleccións municipais no punto de mira e argumentos dabondo para que os resultados sexan ainda máis favorables para o proxecto de transformación da provincia que defenden os socialistas.

Na súa intervención David Regades tivo palabras de agradecemento para os 2.700 militantes socialistas de Pontevedra representados na Executiva provincial que sae do Congreso da unidade, un factor que fortalece ao partido e evidencia a democracia interna da formación socialista. “Municipalismo, unidade e a loita pola igualdade.

Eses son os piares que nos diferencian e que marcaron o crecemento do partido nos últimos catro anos” que en datos, explicou Regades, tradúcese no paso de 221 a 256 concelleiros na provincia; de 16 a 23 alcaldías; de 5 a 11 maiorías absolutas; dun 21% a un 32% do voto en Pontevedra nas eleccións xerais; de non ter ningún senador a 3; de 2 a 3 deputados en Cortes; de 4 a 5 deputados autonómicos desta provincia e de 10 a 13 deputados provinciais. Cifras que converten á provincia de Pontevedra no “graneiro electoral socialista” de Galicia e que favoreceron que alcaldes e alcaldesas cambiaran as cidades para as persoas.

David Regades incluíu na súa intervención un recoñecemento ás/os socialistas que faleceron nestes últimos catro anos e pediu que a súa traxectoria inspire aos que agora toman o relevo no reto da transformación social coa igualdade, a xustiza social e o feminismo como premisas.

Unha responsabilidade que teñen que asumir os socialistas de Pontevedra fronte a unha Xunta e un Feijoo irritados coa provincia “porque é a máis socialista de Galicia e dalles sistematicamente as costas nas urnas”.

Os ataques ás mulleres do Partido Socialista
Regades esixiu que cesen os ataques do Partido Popular ás mulleres do Partido Socialista que ostentan responsabilidades no mundo local e citou expresamente á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; a falecida alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e tamén á presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Como exemplo do sectarismo no goberno do PP na Xunta, Regades nomeou a falla de criterio na distribución dos fondos europeos Next Generation; o despilfarro dos fondos estatais Covid en propaganda política; a baixa execución dos fondos Feder e o Fondo Social Europeo ou a devolución de 70 millóns de euros dos 234 que recibiu do Goberno de España para apoiar a sectores afectados pola pandemia e que a Xunta non foi quen de repartir. Sen esquecer o deterioro da sanidade e a educación pública, a falla de vivendas sociais e o abandono das persoas maiores durante a pandemia.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, que insistiu en que o de hoxe é “un día feliz” pola unidade total do partido, puxo como exemplo de xestión democrática e transparencia a Deputación de Pontevedra e debullou o programa de goberno con protección aos traballadores, autónomos e pemes; a creación do Salario Mínimo Vital; a aprobación da Lei de Eutanasia; a garantía de pensións dignas, a modernización da economía reindustrializando; a loita contra o cambio climático e o combate da violencia contra as mulleres.

Abel Caballero avalou o xeito de David Regades de trasladar á cidadanía as políticas socialistas e como mostra puxo o propio Congreso “fruto dun proceso de unidade, no que o importante é que estamos todos e eso demostra respecto á vontade democrática, que vai máis alá da política e leva aos sentimentos; á nosa forma de saber a importancia que ten o que nos conta a xente”. Abel Caballero augurou unha exponencial subida electoral dos socialistas na provincia.

Carmela Silva, presidenta da Deputación, tamén lanzou unha advertencia ao Partido Popular: “O PSdeG-PSOE vai cambiar Galicia, porque así nolo está pedindo a xente; porque as persoas queren que gobernen os que estamos ao seu lado”, con optimismo e positividade, “sen os graves insultos” que utiliza a cotío o Partido Popular.

Nova Executiva
O PSdeG-PSOE da provincia renovou os seus órganos colexiados na segunda xornada do 4º Congreso celebrado no Pazo de Congresos Mar de Vigo. A nova Comisión Executiva provincial está integrada por 55 persoas e está moi marcada pola integración e unión de todo o partido. Conta ademais con carácter feminista pola ampla representación das mulleres socialista e unha escolma de militantes de tódalas comarcas.

O núcleo da Dirección provincial continúa encabezado por David Regades, que é o primeiro secretario xeral que repite dende que existe o mecanismo orgánico das Primarias. Ao seu lado continúan a silledense Paula Fernández como vicesecretaria xeral de Política; Manel Vázquez, da Illa de Arousa, como vicesecretario xeral de Acción Electoral, e o cañicense Luis Piña como secretario de Organización.

A pontevedresa Paloma Castro, que uniu a súa candidatura á de David Regades, ocupa a Secretaría de Política Institucional nunha listaxe na que repiten 32 nomes e hai 23 novas incorporacións.

O resto dos integrantes son: Marta Giráldez, de Meis, que ocupa á Secrtaría de Igualdade; José Manuel Valcárcel (Pontevedra), Secretaría de Política Municipal; José Antonio Cacabelos (O Grove), Secretaría de Política Autonómica; Paola María (Vilagarcía), Secretaría de Infraestruturas e Mobilidade; Hugo Andrade (Sanxenxo), Secretaría de Dinamización das Agrupacións Locais; Josefina Silva (Vigo), Secretaría da Militancia; Manuel González (Caldas), Secretaría de Coordinación Territorial; Gregorio Agís (Poio), Secretaría de Desenvolvemento Urbano; Iria Lamas (Gondomar), Secretaría de Vivenda; Gloria Blanco (Pontevedra), Secretaría de Promoción Económica; Carlos Gómez (Baiona), Secretaría de Transición Ecolóxica; Manuel Pazos (Marín), Secretaría de Medio Ambiente; Verónica Pichel (Forcarei), Secretaría do Reto Demográfico; Gerardo Rodríguez (Oia), Secretaría do Medio Rural; Emiliano Lage (Forcarei), Secretaría de Política Forestal; Rubé Rial (Nigrán), Secretaría de Industria; Verónica Tourón (Salceda), Secretaría de Emprego; Montserrat Magallanes (A Guarda), Secretaría de Dinamización Económica; Enrique Cabaleiro (Tui), Secretaría da Cidadanía; Israel Mercader (Porriño), secretaría de Persoas con Discapacidade; Lorena Durán (Cerdedo-Cotobade), Secretaría de Economía Circular; Eugenio González (Cangas), Secretaría de Maiores; Tania García (Vilagarcía), Secretaría de Política Social; María Luz Santiago (Marín), Secretaría de Diversidade; Mario López (Lalín), Secretaría de Movementos Sociais; Ainhoa Fervenza (Sanxenxo), Secretaría de Turismo; José Sanmartín (Barro), Secretaría de Emprendemento e Comercio; Leonardo Cabaleiro (Redondela), Secretaría de Pesca; María José Vales (Vilanova), Secretaría de Confradías e Marisqueo; María del Carmen Larriba (Pontevedra), Secretaría de Cultura; Leticia Gallego (Vigo).

Tamén están na Secretaría de Ciencia e Innovación; Helena Rodríguez (Vigo), Secretaría de Educación; Violeta Lois (Mondariz), Secretaría de Sanidade; Xoel Souto (Moraña), Secretaría de Deportes; Catalina Oubiña (Vilagarcía), Secretaría de Cooperación ó Desenvolvemento; María Ferreirós (Valga), Secretaría da Memoria Histórica; Alberto García (Catoira), Secretaría de Política Europea; Icía García (Meaño), Secretaría de Política Territorial; Vanesa Fernández (Pontecesures), Secretaría de Comunicación; Amadeo Cuñas (Pontevedra), Secretaría de Seguridade e Emerxencia; Fátima Abal (Cambados), Secretaría de Transparencia e Rexeneración Democrática; Manoel Loureiro (Cotobade), Secretaría de Estudos e Programas; Victoria Alonso (Mos), Secretaría de Formación; Mario Rodríguez (Moaña), Secretaría de Política Sindical; Francisco Santiago (Vigo), Secretaría adxunta á Organización; Gabriel González (Vilagarcía), Secretaría Executiva; Enrique García (Vigo), Secretaría Executiva; Amalia Lago (A Estrada), Secretaría Executiva; Leticia Moscoso (Vigo), Secretaría Executiva; Ángel Rivas (Vigo), Secretaría Executiva.

A nova Comisión Executiva foi apoiada polo 93% dos votos emitidos no Congreso, en tanto que os 150 integrantes do Comité Provincial (sobre un total de 300, no que a outra metade será designada polas agrupacións locais) recibiu un 95% de apoios O Comité de Ética alcanzou tamén un 95% de apoio e, finalmente, o integrante designado polo Congreso para o Comité Federal, Agustín Fernández (Pontevedra), recibiu un 88% de votos favorables.