CUT Citroën protestará contra a discriminación laboral

Este xoves 28 de abril na porta de STELLATIS Vigo

Vigo | Trala comunicación da empresa que, o centro STELLANTIS de Vigo non tiña actividade hoxe Luns 25 e maña Martes 26 nas dúas liñas de produción, retomando a actividade o Mércores 27; manifestar: A única liña que recupera a actividade con normalidade será o S1, onde a produción comeza efectivamente o mércores 27 as 6h con previsible normalidade para as 3 quendas actuais.

No S2 sen embargo, a quenda de noite non terá actividade en toda a semana previsiblemente ate o vindeiro 2 de Maio as 22h. As quendas A e B (maña e tarde respectivamente), retoman a actividade este mércores pero cunha produción por quenda de tan solo 100veh, deixando na casa a maioría da plantilla case toda a semana, xa que estás quendas e produción vai a realizarse con traballadores/as polivalentes e monitores de liña das 3 quendas, para que sexan eles/as os/as que realicen varios postos a vez durante toda a xornada, namentres os/as titulares dos mesmos quedan na casa incrementando débeda ca empresa ou consumindo desemprego.

Para a CUT isto é totalmente discriminatorio e inadmisible, porque non se entende que os titulares dos postos queden relegados/as do seu posto de traballo, descargando unha vez mais a falla de compoñentes sobre as costas das persoas traballadoras e sobre o erario publico, cando os seus postos están sendo ocupados por outras persoas, incluso doutras quendas.

Ante tal situación, a CUT ten convocada unha concentración na porta de STELLATIS Vigo, o vindeiro Xoves 28 as 13h para denunciar está discriminación, coincidindo co día mundial da saúde laboral no traballo, baixo o lema: POLA SAÚDE FISICA E MENTAL / NON A DISCRIMINACIÓN. As 13:30h do mesmo Xoves daremos unha rolda de prensa onde completaremos mais os datos aquí aportados.