Contratación do proxecto de saneamento de San Antoíño en Mos

Coa participación do Consorcio de Augas do Louro

Mos | Representantes da Comunidade de Propietarios de San Antoíño xunto coa súa Administradora, reuníronse no Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e outros representantes municipais para informar aos Propietarios de San Antoíño de que se atopa moi avanzado o procedemento de contratación do proxecto da parte exterior do saneamento, que será adxudicado en breve por parte de Augas de Galicia para que, posteriormente, o Consorcio de Augas do Louro poida contratar e acometer a obra.

Este proceso asúmeno conxuntamente entre Consorcio e propietarios, actuando a administración local mosense como mediadora, en aras de axudar a que a instalación da parte final da rede de saneamento en San Antoíño, se contrate e execute o antes posible.