Contacontos para as Letras Galegas en Covelo

Este mércores 17 a partir das 17 horas na praza Mestre Cerviño

O Covelo | O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar na actividade organizada polo Día das Letras Galegas. Da man de Barafunda Animación na praza Mestre Cerviño trasladarémonos ao mundo da Galicia meiga para coñecer lendas e a mitoloxía agochada nos recunchos máis insospeitables.

A partir das cinco da tarde do mércores día 17 a praza Mestre Cerviño recibirá a Leda e ao seu avó Cristovo para viaxar no tempo e relatar dun xeito máxico historias de meigallos, feitizos e monstros.