Consellos e suxerencias para o NADAL.

Hoxe non lles vou facer perder o tempo coas miñas historias. Hoxe voulles ofrecer unha serie de relatos breves, frases antolóxicas desas que nos fan pensar. Como estamos en tempos de Nadal e xeralmente o que mais e o que menos ten algúns  días de descanso (agás os xubilados e parados que teñen todo o tempo do mundo) limitareime a reproducir as miñas notas, esas que vou anotando na miña axenda ou ás veces incluso en panos de mesa para logo pasar ao caderno correspondente.

Non teñen orde nen concerto; ofrézollas así, ao chou. Cada quen que se quede coas que lle poden servir para reflectir sobre algún tema desta nosa vida que nos últimos tempos nos está dando tantas dores de cabeza. Alá vou:

“A verdade vén de camiño e ninguén pode detela” de Emile Zola, escritor e xornalista francés.

“Gobernar a democracia cos electores desencantados resulta complicado, pero facelo cos electores irritados pode chegar a ser insoportable para o correcto funcionamento do sistema”, de Giovanni Sartori, politólogo, investigador italiano no campo da ciencia política.

“Confundir a inocencia penal coa inocencia política pode levarnos á absurda conclusión de que os gobernantes poden facer o que lles dea a gana mentres os feitos non sexan condenados por un tribunal”, de Carlos Varela, ex-fiscal superior de Galicia.

“A vida só pode ser comprendida mirando cara atrás, pero ha ser vivida mirando cara adiante”, de Kierkegaard, filósofo e político danés do século XIX.

“Da ignorancia política nacen as desigualdades, as inxustizas”, por Bertolt Brecht, poeta e dramaturgo alemán moi influinte no século XX.

“Da ignorancia política nacen as desigualdades, as inxustizas”

“Se unha sociedade libre non pode axudar aos moitos pobres, tampouco poderá axudar aos seus poucos ricos”, J.F. Kennedy.

“Onde queira que exista grande propiedade, existe unha grande desigualdade. Para cada home rico teñen que existir, polo menos, 500 pobres”, Adam Smith.

“Nestes momentos, 85 ricos, riquísimos, acumulan tanta riqueza como 3.570 millóns de pobres, pobrísimos, en todo o mundo. A metade  da riqueza do planeta está en máns do 1% da poboación. O país máis rico, QATAR, presume de ter a renda per capita 428 veces máis alta que a do pais máis pobre, Zimbabue”

“As 20 persoas máis ricas do mundo, entre elas está Amancio Ortega, teñen os mesmos recursos que 1.000 millóns de pobres”. Nos anos 60 do século pasado o salario/medio dun executivo era, aproximadamente, 12 veces maior que o salario dun obreiro; hoxe está por enriba das 530 veces.

“ Se as palabras non son as adecuadas, os homes non saben como actuar; reina a confusión e a orde social  desplomase”.

“Nunca consideres o estudo coma unha obriga senón como unha oportunidade para penetrar no marabilloso mundo do saber”, por Confucio, recoñecido pensador chino.

“Calquera coñecemento, se se separa da xustiza e da virtude, é visto coma unha astucia e non como sabedoría”,  por Platón, importante filósofo grego.

“Que é un cínico?” Un home que coñece o prezo de todo e o valor de nada”, de Oscar Wilde.

“Cada vez que un home é encadeado no mundo, estamos encadeándonos a el, porque a liberdade ou é para todos ou para ninguén”, por Albert Camus.

“O poder atiborra os cráneos antes de atiborrar as urnas”, por Solomon Ginzburg, dirixente ruso da Oposición.

“O poder atiborra os cráneos antes de atiborrar as urnas”

“A realidade obxectiva é única; as percepcións subxectivas dunha mesma realidade son tantas como persoas a contemplan”, por Habermas (da Escola de Frankfurt)

“Non é o mesmo un alcalde magnífico de carallo que un alcalde perralleiro de carallo”, por Celso Emilio Ferreiro.

“Na orixe das grandes fortunas hai aspectos que fan tremer” de Bourdaloue, xesuíta francés.

“A sociedade está sempre rexida por intereses. Isto non é o que podemos cambiar, senon que os intereses dos desaprensivos coincidan un chisco máis cos intereses das persoas decentes”, autor descoñecido.

“Vámonos unir matando rancores cegos, que na unión dos bos galegos está a Patria do porvir”, de Curros Enríquez en “Pola Unión”.

“Apostar polo optimismo da vontade fronte ao pesimismo da razón”, filosofía gramsciana.

“Cambiar o mundo, amigo Sancho, non é unha utopía, nin unha loucura, senón xustiza”, de Miguel de Cervantes en D. Quijote de la Mancha.

“Non ser quen de pensar de forma histórica fai que sexamos todos cidadáns empobrecidos, porque a historia non é simplemente o pasado. Debemos establecer un diálogo entre o presente e o pasado para coñecérmonos a nós mesmos”, de Mary Beard, especialista no Mundo Antigo; Premio Príncipe de Asturias.

“Unha flor pode nacer na rúa e romper o asfalto e a náusea. A súa cor non se percibe, os seus pétalos non se abren, o seu nome non está nos libros. É fea, pero é realmente unha flor”, por Carlos Drummond de Andrade, poeta brasileiro.

“Estendamos o rumor do cambio e ese rumor farase realidade”, P. Ignacio Taibo, poeta mexicano.

“O pequeno pecado é a chave do salón do desenfreno”, por Petrarca.

“Dubida dos datos ata que os datos non che deixen lugar a dúbidas”, por Poincaré, filósofo francés considerado un dos mellores matemáticos de todos os tempos.

“O ignorante afirma, o sabio dubida e reflicte”

“O ignorante afirma, o sabio dubida e reflicte”, segundo Aristóteles.

“O papel dos mercados non depende só do que poidan facer, senón tamén do que se lles permita que fagan”, por Amartya Sen, economista hindú.

“As portas xiratorias son o pan de cada día no rendible mercado da guerra. Usan ‘lobbies’ oficiais e ilegais en Bruxelas para organizar ceas e conferencias convidando políticos da OTAN”, di Jordi Calvo, investigador do Centro Delás de Estudos para a Paz.

“A liberdade de información é a esencia da democracia, pero se a información tamén se pode comprar a democracia pódese invalidar”.

Para rematar uns preciosos versos de Leonard Cohen, novelista e cantautor canadiense:

“En una cama donde la luna ha sudado
En un sollozo lleno de pisadas y arena
Con mi boca en el rocío de tus muslos”.

NOTA. Respectamos o idioma orixinal por entender que unha tradución podería destruir o engado dos versos.

 

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»