Concello de Ponteareas presentará o proxecto de parque en Sarmiento Rivera e a humanización da rúa Curuxeira

Este xoves 2 de febreiro no Salón de Plenos

Ponteareas | A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, convida ás asociacións da vila este xoves 2 de febreiro a un acto público ás 20:00h no Salón de Plenos do Concello para presentar o proxecto de parque en Sarmiento Rivera e a humanización da rúa Curuxeira.

No acto participarán  a alcaldesa Cristina Fernández Davila; Roberto Mera, 1º Tenente de Alcaldesa e Concelleiro de mobilidade; e Chus Garrote, 2ª Tenente de Alcaldesa e Concelleira de vías e obras.