Concello de Oia mellora o acceso ao centro de Pedornes

Ao abeiro do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra

Oia | O Concello de Oia vén de comezar os traballos no camiño público que comunica a estrada PO-552 co centro da parroquia de Pedornes. Trátase dunha intervencion moi demandada pola veciñanza, que permitirá mellorar o acceso e a seguridade nunha curva pechada que había nesta subida, situada nun tramo próximo ao Calvario.

O Concello financiou esta actuación ao abeiro do Plan Concellos 2022 (liña 1: investimentos) da Deputación de Pontevedra. O investimento total foi de 27.503,42 euros, que inclúen os traballos, a dirección de obra e a coordinación de seguridade e saúde.

A actuación consiste en anchear unha curva pechada que tiña problemas de visibilidade, de forma que se mellora a seguridade e a accesibilidade deste vial.

Para ampliar o camiño foi necesario demoler unha edificiación situada na antedita curva, previa cesión do inmoble por parte da familia propietaria. A continación, os traballos de mellora proseguirán coa urbanización da zona, construíndo beirarrúas.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos