Concello de Arbo acondiciona o “Sendeiro de Pescadores”

Investindo un total de 22.106,07 €

Arbo | O Concello de Arbo, comunica o remate das obras o acondicionamento do Sendeiro de Pescadores, donde se investiron 22.106,07 € (IVE 21% incluído), segundo o detalle que figura na memoria que serviu de base para a petición da subvención a Consellería de Medio Ambiente e vivenda para a realización do acondicionamento.

No pasado instaláronse paso con troncos ou cordas para facilitar o avance, pero actualmente, debido as crecidas do Río en inverno, estas infraestruturas atópanse moi deterioradas e non garanten a seguridade dos usuarios.

O Contrato de acondicionamento do sendeiro, consistiu na instalación de infraestruturas de madeira nos tramos que sexa preciso, como escaleiras ou pasarelas. Realizáronse o acondicionamento nalgunhas zonas do sendeiro mediante a construción de infraestruturas de madeira tratada. Nos lugares en que o terreo é irregular e non permitan avanzar con seguridade construíronse escaleiras ou pasarelas. Ademais neses puntos, onde se advirte risco de caídas a distinto nivel, instaláronse varandas de madeira que garanten a seguridade dos usuarios. Tamén se levou a cabo a roza dos tramos que o precisaban, co que se mellorara a seguridade dos usuarios do sendeiro mediante a creación de diferentes infraestruturas que faciliten o tránsito.

“O Contrato de acondicionamento do sendeiro, consistiu na instalación de infraestruturas de madeira nos tramos que sexa preciso, como escaleiras ou pasarelas”

A situación sanitaria marcada pola Covid-19 fai que este tipo de turismo rural sexa o máis demandado. Por iso, desde o Concello realízase este investimento para continuar mellorando as súas infraestruturas e seguir atraendo visitantes. “Contamos cunha rede magnífica de sendeiros que moitos veciños aínda non coñecen e animamos a vir e gozalos porque de verdade que é unha marabilla a contorna natural que temos en Arbo” manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

O sendeiro discorre en todo o trazado pola parte inferior da vía do ferrocarril, e atopase correctamente sinalizado, sen embargo en varios puntos existen zonas nas que resulta difícil avanzar, xa sexa pola presenza de auga ou polas fortes pendentes.

A información e a lenda das rutas atópase en numerosas páxinas webs especializadas e na páxina web do Concello de Arbo, nas redes sociais do Concello de Arbo o no canal de Youytube, rutas que cada ano son visitadas por miles de senderistas e curiosos que queren coñecer de primeira man os cauces da Ribeira do Miño, as Pesqueiras e as artes de pesca da lamprea que é único en todo Galicia, desfrutar dun día tranquilo de paseo en familia, descansar nas nosas praias fluviais o divisar dende os nosos miradores sobre o Rio o descorrer da auga.