Concello da Guarda saca a licitación a humanización da Rúa Manuel Rodríguez Sinde

Cun orzamento de execución de 172.331,54€.

A Guarda | O Concello da Guarda saca a licitación as obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez Sinde dende o cruce coa rúa Calvario ata o cruce coa rúa San Bernardo, entre os números 5 e 23, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Esta humanización ven a completar as realizadas na contorna dando a este tramo de rúa a tipoloxía do casco histórico: pavimentado en pedra con plataforma única. Eliminaranse os estacionamentos para gañar espazo para os peóns, haberá un carril de rodadura de tres metros e o resto do ancho da rúa, repartido a ambos lados, estará reservado para as persoas e debidamente protexido. Esta nova urbanización cumple cos criterios de humanización da Deputación e converte esta rúa en accesible.

As obras contemplan a renovación dos servizos de abastacemento de auga e sumidoiro, con separación de augas pluviais e fecais, así como a preinstalación para telecomunicacións e novas acometidas para o alumeado público.

O tempo de execución das obras estímase en 45 días e o orzamento de execución é de 172.331,54€. Dende hoxe día 15 de marzo e ata o 12 de abril estará aberto o proceso de licitación. As bases e o proxecto está dispoñible para descarga no perfil do contratante do Concello da Guarda na Plataforma de contratacións do Estado.