Concello da Guarda renunciou á Bandeira Azul na praia de Area Grande

Ante a imposibilidade de manter dous socorristas durante toda a semana

A Guarda | Polo que tentarase atender con socorristas a praia de Area Grande sempre que sexa posible durante as fins de semana. Os demais servizos si están garantidos como a análise de auga cada 15 días, o panel informativo, a recollida selectiva, a limpeza manual do areal e o aseo.

Cada verán contratábanse 6 socorristas para as praias do Muíño e de Area Grande. A pesar dos esforzos realizados tan só se puideron contratar a 4 socorristas.

Nos últimos anos a problemática de contratar a socorristas formados e titulados en espazos naturais está sendo bastante común en Galicia.

En definitiva, acordouse que a praia do Muíño dispoña do servizo de socorrismo de luns a domingo de 12:00 a 20:00h ao ser unha praia con maior afluencia de bañistas polo que o número de incidencias adoita ser superior.