Concello da Guarda realiza unha nova pavimentación na Praza de San Bieito

Para a mellora da seguridade vial a través do re-asfaltado

A Guarda | O Concello da Guarda realizou esta semana as tarefas de reposición da capa de rodadura da Praza de San Bieito no casco urbano, unha praza cunha alta densidade de vehículos debido ao seu uso como zona de estacionamento pola a existencia nos seus arredores de establecementos comerciais e equipamentos coma o Centro da Terceira Idade, Farmacia, Auditorio de San Bieito, Praza de Abastos, entre outros.

A capa de rodadura existente atopábase xa moi deteriorada, polo que se realizou a súa reposición por unha nova, enlazando coas obras realizadas o ano pasado na Rúa Concepción Arenal.

Esta primeira fase das obras contempla tamén o repintado da sinalización horizontal cun presuposto total duns 10.000€.

Nunha segunda fase o concello está a redactar un proxecto no que se inclúen, entre outras actuacións, a mellora da iluminación da Praza de San Bieito ou a substitución dos setos por unha baranda e mobiliario para a parte superior do Auditorio.

O Concello da Guarda continúa deste xeito coa mellora da seguridade vial en diversas rúas do concello, garantindo un espazo que reúna as condicións máis axeitadas para o tránsito de vehículos e peóns e os accesos ás vivendas.