Concello da Guarda entrega os Premios de Educación 2020-21

Entregáronse un total de 23 premios

A Guarda | O Concello da Guarda ven de entregar os Premios de Educación 2020-21, unha iniciativa que se realizou co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre as persoas mozas.

Os premios estiveron dirixidos nesta convocatoria ao alumnado de cursos de fin de ciclo de Primaria, Secundaria, Bacherelato e Ciclos de Formación Profesional dos centros públicos e concertados de primaria ou secundaria da localidade de A Guarda durante o curso 2020-2021, e se estableceu un máximo de 23 premios consistentes en material informático.

Foron requisitos o ter obtido unha nota media mínima de 8, salvo naqueles casos nos que se propuxo ao alumnado o recoñecemento polo seu traballo, esforzo e participación, unha nova categoría que se engadiu nesta edición.