Compostela & El Correo Gallego: unha simbiosis que debe perdurar no tempo.

O pasado 1 de agosto, El Correo Gallego, a quinta cabeceira máis antiga de España, cumpliu 145 anos de servizo á sociedade e de compromiso con Galicia, e moi especialmente con Santiago de Compostela. Fundado por José María Abizanda y Sanmartín o 01-08-1878 na cidade de Ferrol, a finais de 1936 foi adquirido por Juan Sáenz-Díez García, en 1938 fusionouse co El Eco de Santiago e trasladou a súa sede a Compostela.

No ano 1965, Feliciano Barrera Fernández, ponteareano e galego de pro, adquiriu El Correo Gallego para darlle o impulso necesario que o levaría á cima. O 01-12-1967 uniuse co xornal La Noche, que pertenecía a Editorial Compostela, S.A., e a partir de entón comezou a publicarse pola tarde, ata o 27-12-1968 que volveu a publicarse como un xornal da mañá.

Lamentablemente, Editorial Compostela, S.A. veuse obrigada a presentar concurso voluntario de acreedores, declarado o 22-06-2022 pola maxistrada María Salomé Martínez Bouzas, titular de Juzgado do Mercantil nº 2 na Coruña, tendo en conta que acredita o seu estado actual de insolvencia. Unha labor de 145 años non se pode borrar dun plumazo.

“Unha labor de 145 años non se pode borrar dun plumazo”

Esta nova situación representa un duro golpe para a familia de El Correo Gallego e para os que nos sentimos unidos a esa querida casa, que conta co meu apoio incondicional e solidaridade, non exentos de preocupación pola incerteza que nos mantén en suspenso, aínda que vexo un futuro de esperanza, xa que unha Compostela futura non se entendería sen o seu emblemático xornal.

Espero e desexo que El Correo Gallego saia máis forte desta situación para afrontar novos desafíos nun futuro próximo, a favor de Compostela e de Galicia, desde a independencia, o rigor e a transparencia informativa, tan necesarias nunha sociedade plural, libre e democrática.

Agradecer a toda a familia de El Correo Gallego, o seu esforzó heroico no largo camiño recorrido non exento de dificultades, así como a súa inmellorable acollida e apoio incondicional ao longo de máis de catro décadas de traxectoria académica e profesional, sempre sentín o alento de El Correo Gallego na miña loita a favor da saúde planetaria e a igual dignidade dos seres humanos.

Tiven a oportunidade de colaborar intensamente en diferentes etapas da miña vida como articulista sobre temas de saúde ambiental e saúde pública e otros temas de actualidade e interese social. Por todo isto, quero corresponder con lealtade e eterna gratitude, que é a santa memoria do corazón.

“Tiven a oportunidade de colaborar intensamente en diferentes etapas da miña vida como articulista”

É de xustiza dedicar unhas palabras a un vello amigo e paisano, destacar o seu legado e profunda pegada que deixou na sociedade en xeral e moi especialmente en Galicia e en Ponteareas e naquelas persoas que tivemos o privilexio de ter a súa amizade e consideración persoal. Refírome a Feliciano Barrera Fernández (1918-2012), fillo predilecto de Ponteareas. Alma máter e impulsor do Grupo El Correo Gallego, de corazón bondadoso, persoa feita a si mesma, xenerosos onde están, e de gran altura moral, intelectual e humana.

Científico, académico, escritor y humanista.