Comezan en Salceda de Caselas as obras de instalación de cable de fibra óptica da empresa R

As obras permitirán disfrutar a mais de 4000 veciños dos servizos de internet,telefonía e televisión dixital
Salceda de Caselas | A partir do vindeiro luns van a comezar as obras de instalación de cable de fibra óptica no centro da vila, que promove a empresa R. O proxecto consta dunha rede de 4.235 m de canalización troncal soterrada, que vai a permitir por en marcha o proxecto de R en Salceda, situando a 4.000 persoas ao máis alto nivel de dotación en infraestructuras tecnolóxicas, facilitando tódolos servizos da Sociedade da Información. O proxecto conta cun investimento de 286.845€ e o prazo de execución de obras é de 4 meses.
Para a execución das obras constituise o grupo de traballo, que vai a coordinar o Alcalde Marcos Besada, Alcalde de Salceda, formado polos Concelleiros de Vías e Obras, Fortunato Álvarez e o de Tráfico e Seguridade, Jose Luis González, o equipo técnico de urbanismo municipal: e por Fernando Castro Responsable de Obras da empresa R, Alberto Dominguez Asistente Técnico de IDOM e Laura Caride asistenta técnica de ISOLUX-CORSAM, empresa adxudicataria que vai a levar a cabo a execución do proxecto de R. Entre outros acordos tomouse a decisión de comezar as obras de instalación da fibra óptica nas rúas Lagoela, Joaquín Fernández Sestelo e Vigo, e de manter reunións mensuais para analizar o desenvolvemento das obras.
Desta maneira, Salceda de Caselas entrará no grupo de cidades e municipios galegos que dispoñen de conexión directa coa rede de telecomunicacións da última xeración que R está a despregar na comunidade autónoma para que tódolos galegos poidan recibir servizos integrados. Grazas á nova e potente rede de fibra óptica que R vai instalar, rúa a rúa, os veciños de Salceda poderán realizar chamadas gratuítas entre clientes de R, e de internet de alta velocidade por fibra óptica. Ademáis o novo servizo de televisión dixital interactiva con calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica, emitirá máis de cen canais.
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras, asegura que “é importante que os veciños e empresas da vila poidan contar cun servizo de telecomunicacións de última xeración e que ademáis sexe satisfeito por unha empresa galega comprometida có país”.
O Concelleiro de Tráfico e Seguridade, Jose Luis González fai un chamamento á cidadanía asegurando que “dende o Concello se fará “todo o necesario para realizar as obras coa maior celeridade causando a menor molestia posible para a cidadanía, para o que se articularán plans de tráfico alternativos conforme avancen as obras”.