• Segue conectado
  • |

Comezan as obras do Gaseoducto de Gas Natural Salceda-Salvaterra que vai a dar servizo ao casco urbano da Esfarrapada.


Salceda de Caselas | Xa están en execución os proxectos por parte de Gas Galicia e Gas Natural Distribución que van a permitir a chegada do gas natural á Esfarrapada, capital do Concello de Salceda de Caselas. As obras consisten na execución por parte das empresas de dous proxectos que suman un orzamento total de 1.703.428 €. A empresa encargada de levar a cabo a execución de ambos os proxectos é ELECNOR S.A.
1. O proxecto denominado “Punto de entrega de Gas Natural Distribución a Gas
Galicia”, consiste na canalización cunha lonxitude de 510 m, dende o Gaseoducto Porriño-Tui ata o punto de entrega situado nunha parcela municipal na Rega da Lama (Budiño). O investimento deste proxecto ascende a 130.371 €.
2. O proxecto de colector denominado “Ramal MOP=16 bar Salceda de Caselas-
Salvaterra de Miño” abrangue un Gaseoducto de 7.914,08 m que atravesa ao Concello nos lugares de Rega da Lama, Becerreira, Barral e Eido Vello (San Estevo de Budiño), Revolta e Pedrabuxiña (Parderrubias), Pedracarballa e Torrón (Entenza), ata o límite municipal con Salvaterra onde terá continuidade pola parroquia de Cabreira. O investimento deste proxecto ascende a 1.573.058 €.
Por outra banda o Gaseoducto continuará a conexión pola parroquia de Cabreira, para suministrar ao Concello de Salvaterra e ao Porto Seco.
Nos próximos días aprobarase a autorización mediante licencia do “Proxecto de autorización de rede de distribución de gas natural no núcleo de Salceda” que. Este proxecto de rede de distribución polas rúas da vila terá unha lonxitude de 6.481 m e un orzamento de 313.919 €.
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras agradece “ a coordinación entre os equipos técnicos municipais, e os de Elecnor e Gas Natural, que están a garantir a rapidez nas obras de canalización do gaseoducto que vai permitir distribuir esta fonte de enerxía no centro da vila e facilitar a conexión coa vila de Salvaterra e o Porto Seco”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda asegura que “ a obra de canalización de gas natural polas rúas da Esfarrapada vai permitir o suministro con gas natural a máis de 4.000 habitantes para usos domésticos e comerciais, e que inclúe a utilización do gas en institucións e equipamentos como Colexios ou o novo Centro de Saúde.

Publicado o 27 Abr 2012 en Louriña, Portada, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies