Comezan as obras de Gas Natural e fibra óptica de R nas rúas da vila

Salceda de Caselas | Comenzaron as obras conxuntas das Redes de Gas Natural e Cable de Fibra óptica de R nas rúas do corazón da vila: Avda.Galicia,J.F.Sestelo e V.P.Vidal…Estarán pechadas ao trafico co obxectivo de apurar ao máximo as obras e garantir a máxima seguridade dos traballos e dos veciñ@s (prevese rematar en 7/10 días). Constituiuse unha Mesa de Traballo entre Concello e técnicos de Gas Galicia e R para o seguimento de tódas as obras de execución das duas Redes na vila. Desculpen as molestias, pero, como dicía un veciño, somos conscientes de que “para facer tortilla hai que romper ovos”. Obra a obra, Salceda Mellora!