Colonias Felinas en Mos para acoller aos gatos rueiros

O Concello presentou o seu Plan Integral ante a Deputación de Pontevedra

Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Atención Veciñal, Medio Ambiente, Mantemento de Zonas Urbanas, Parques e Xardíns, Laura Méndez, informaron hoxe de que desde o Concello de Mos impantarase un Plan de Xestión Integral de Colonias Felinas Para o que xa se presentou solicitude de colaboración á Presidencia da Deputación de Pontevedra.

A devandita colaboración e asesoramento solicitada ao Departamento especializado da Deputación de Pontevedra para a elaboración dun plan adaptado ás particularidades do concello para xestión das colonias felinas, pídese tras ter elaborado, por parte da administración local mosense, unha memoria das problemáticas detectadas respecto da poboación de animais felinos en Mos.

Os gatos rueiros forman parte da fauna urbana e están tan integrados no medio ambiente das vilas e das nosas vidas, que normalmente pasan desapercibidos e só se fan notar cando, por mor da superpoblación, comezan a ser un problema ambiental.

O Concello de Mos, recibe todos os anos solicitudes para a xestión de colonias de gatos no concello, e Protección Civil do Concello recolle anualmente gatos rueiros na vía pública (aproximadamente entre 40/50 gatos/ano).

A gran maioría destes animais son destinados a familias de acollida ou dados en adopción.
Os gatos asilvestrados supoñen un serio problema. O transvasamento de felinos domésticos ás rúas é unha achega difícil de evitar, mentres siga existindo desinformación e irresponsabilidade por parte dos propietarios.

Na comunidade de Galicia, a identificación e vacinación antirrábica dos gatos é voluntaria. As autoridades sanitarias descartan poder erradicar completamente a presenza de gatos nas rúas e a formación de colonias máis ou menos numerosas, non só porque haxa alguén que lles alimente sistematicamente, senón porque sempre poderán atopar comida ao redor dalgún foco de lixo e alimentarse cazando roedores.

No Concello de Mos estes últimos anos vén aumentando as denuncias veciñais sobre a proliferación de gatos rueiros que, agrupados en colonias nun número variable de individuos, xeran molestias aos cidadáns.

Denúncianse con maior frecuencia: 1. cheiros 2. ruídos (maullidos e pelexas durante o período de celo) 3. suxedade (deyeccións, dispersión de lixos e alimentos que se lles proporcionan) 4. riscos sanitarios (contaxio de enfermidades infecciosas a outros animais domésticos, como a Leucemia felina, Inmunodeficiencia felina, parasitos etc.)/ etc.)

O crecemento descontrolado das colonias de gatos urbanos está causado por diferentes factores:

1. A capacidade de reprodución da especie felina é bastante elevada comparada a outras especies domésticas. Poden reproducirse 3 ou 4 veces ao ano, con camadas de ata 5 ou 6 individuos. Mesmo nas peores condicións unha gata tentará sacar ás súas crías adiante e estas, á súa vez, iniciarán o seu ciclo reprodutivo con tan só, ou mesmo antes, dos 6 meses de idade.

2. Con subministración de alimento a viabilidade desas camadas e a capacidade reprodutora dos adultos queda asegurada. As persoas que caritativamente alimentan a eses animais, sen preocuparse por evitar as inevitables xestacións das gatas, están a aumentar indirectamente o número de gatos que vagan polas rúas.

3. A captura dos animais non resolve o problema, xa que ao reducirse o número de gatos na colonia, enseguida será poboada por individuos novos. Se se elimina unha colonia de gatos, os gatos de territorios veciños moveranse cara alí e comezará un novo ciclo de reprodución.

4. Así mesmo, a supresión de alimento soamente non é suficiente para reducir a colonia, xa que existen moitas fontes de alimento para os gatos (roedores, lixos etc.)/ etc.). En todo caso só se conseguiría trasladar o problema a outra comunidade veciñal próxima ou incentivar aos gatos para invadir máis as casas dentro do seu territorio na procura de sustento.

O modelo de “rescate” (captura e posterior adopción do animal), e TNR (capturar-esterilizar-soltar), é o método que segue o Concello de Mos, o cal dota anualmente unha partida orzamentaria municipal para estes procesos.

Sen embargo, o aumento da poboación felina é plausible, en áreas onde existen soamente algúns gatos perdidos, a maioría abandonados recentemente. Agora, cando o número de gatos rueiros aumentan, crease un grave problema.

Para establecer un equilibrio e expor unha solución ao inevitable crecemento das colonias urbanas, é necesario un plan integral de xestión destas colonias felinas, polo que o Concello quere optar á colaboración que ofrece a Deputación de Pontevedra para a elaboración dun plan adaptado ás particularidades do concello.