• Segue conectado
  • |

Clausura do Curso “Coñece o teu mobil” en Salvaterra

Salvaterra de Miño ven de clausurar o seu segundo curso de “Coñece o Teu Móbil”, con un gran éxito entre os alumnos e alumnas que participaron.

Salvaterra de Miño | Dende febreiro, durante 20 días repartidos en dous días a semana, en clases de hora e media, as dúas profesoras encargadas de impartir este curso dirixido a persoas maiores e que tiña como obxectivo achegalos ao uso e manexo das novas tecnoloxías, neste caso o teléfono móbil, ensináronlles o manexo de programas básicos do móbil, como gardar contactos, eliminar e gardar contactos desde rexistro de chamadas, por unha ou varias alarmas, o uso da calculadora, personalizar as pantallas de inicio e bloqueo, cambios de pantalla, enviar, ler e eliminar mensaxes de texto, o uso da cámara de fotos e o uso do calendario. Ademais os alumnos e alumnas aprenderon a manexar whats app, a crear grupos, enviar fotos, audios, vídeos, contacto, emoticonos, enlaces, a reenviar mensaxes, a bloquear contactos, silenciar grupos e contactos e a cambiar a foto de perfil.

Tamén aprenderon como a través do teléfono se pode acceder ao Sergas, osea, ao uso cotiá das novas tecnoloxías, así aprenderon a gravar datos na aplicación, a pedir unha cita no centro de saúde e a consultalas citas pendentes.

Adrentrándose un pouco máis no uso de internet a través do seu teléfono tamén se centraron nas redes sociais como facebook e aprenderon a usar o GPS ou o Google Maps, a conectarse a unha rede wifi e a buscar información a través do navegador, en fin aplicaron as diversas opcións que ten hoxe en día a telefonía a vida cotiá.

Publicado o 10 Abr 2017 en Salvaterra de Miño.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies